Dispoñible na rede en <http://www.xunta.es/tradutor/> [Consulta 30/04/2012].
Se poden traducir (ó galego e desde o galego) os seguintes idiomas:
- Castelán.
- Inglés.
E tamén en fase de prototipo (xa desde fai moito tempo) os seguintes idiomas:
- Catalá.
- Francés.
As súas principais avantaxes son:
- É un tradutor da Xunta de Galicia / Secretaría Xeral de Política Lingüística. Isto nos debería garantir a tradución a un galego normativo.
- O seu manexo é moi sinxelo. Cun formato simple e unhas instrucións claras é moi fácil o seu uso. Tan só temos que copiar o texto que queremos traducir na xanela que se indica, marcar a dirección de tradución e premer o botón de “Traducir”. A tradución é inmediata e aparece o texto traducido no recadro inferior.
- Pode traducir tanto TEXTO como PÁXINAS WEB”. Permite traducir tanto calquera tipo de texto como o seu uso nas bitácoras ou outros recursos en rede.
- Indica os termos descoñecidos (en vermello) e as alternativas de tradución (en verde). Isto facilita a labor de revisión dos textos traducidos.
- Permite incorporar Botóns de tradución nas nosas páxinas web. Só funciona ben en páxinas web HTML sinxelas e só están ó noso dispor as traducións do castelán e inglés ó galego (e viceversa).
- Ten licencias para un volume maior de tradución, incluso documentos completos. Esta opción está restrinxida á Entidades públicas e Persoal da Administración Pública e tarda un chisco máis a tradución (hai que enviar o documento e nolo devolven traducido).
As súas principais desvantaxes son:
- Tan só pode traducir os idiomas indicados máis arriba. De tódolos xeitos, non o puidemos analizar en profundidade (puidera ser que con termos moi específicos tivera problemas) pero entendemos que as traducións feitas son bastante axeitadas para o nivel no que nos movemos a maioría de nos.
- Ten un volume limitado de tradución á 2500 caracteres. En moitos casos é insuficiente para as nosas necesidades e nos obrigaría a aguzar o enxeño para poder traducir textos máis longos (dividir o texto en anacos e ir traducindo por partes...), excepción feita do indicado para as licencias.
- Os textos son traducidos en formato ASCII. Isto pode provocar algúns problemas coa tradución de algúns caracteres, aínda que na maioría dos casos non teremos maiores problemas coa tradución.
- As traducións cometen erros frecuentes de xénero ou cos artigos e preposicións. Polo menos, cando se fan traducións desde o inglés, para publicalas non serven sen revisión mais para traducir un texto e comprender o senso xeral do texto pode ser suficiente.
- As traducións dos xiros, frases feitas ou expresións deixan bastante que desexar. Tal e como comentamos nunha entrada anterior sobre os Tradutores, este é un problema común á maioría dos tradutores en rede e desvirtúa un pouco o sentido dos textos e esixe unha concienciuda revisión posterior dos textos.Como exemplo podedes ver un anaco da tradución da sección DARLLE CO TEMPERO desta bitácora:
No hay comentarios:
Publicar un comentario