DARLLE CO TEMPERO


Segundo a definición do dicionario de fraseoloxía galega da editorial Xerais, Darlle co tempero significa Coñecer o manexo de algo; atoparlle o xeito, o punto ou o ritmo a algo. Con este aceno ó agro, neste apartado tentaremos precisamente darlle co tempero ás novas tecnoloxías en e para o galego.

Ás veces pensamos que non podemos utilizar programas informáticos en galego ou que hai moi poucas páxinas de información específica dos nosos campos de traballo en galego. A verdade é que o uso do galego non é o do inglés ou incluso o do castelán, pero algo hai na rede. Neste apartado tentaremos informarvos de todo aquilo que podemos atopar na rede en galego e para o galego. Tentaremos darvos cumprida información do que coñecemos ou atopamos cando nos mergullamos na rede coa periodicidade que as nosas limitadas capacidades e o tempo dispoñible nos permitan.

Se desexades ampliar a información que vos proporcionemos, na seguinte páxina poderedes obter moita máis información sobre as novas tecnoloxías en galego:


Como catro ollos ven máis que dous, toda a información que sobre estes temas que nos queirades aportar será moi ben recibida.
  
   Gardaremos todo o subido coa etiqueta desta páxina para que sempre podades rescatar a información que penduremos na páxina.(Se facedes click na etiqueta DARLLE CO TEMPERO que aparece na columna da dereita desta bitácora poderedes encontrar tódalas entradas referidas a este apartado).

No hay comentarios:

Publicar un comentario