LIMIAR



    Coa entrada en vigor o 1 de setembro de 2011 do novo Regulamento Orgánico dos CIFP, créase o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (de aquí en adiante EDLG). Tal e como se indica no Programa de promoción da lingua galega do presente curso, que se pode consultar no servidor do centro, o obxectivo xeral deste equipo será:

Modificar progresivamente o comportamento lingüístico da Comunidade educativa”.

Para conseguir este obxectivo xeral concretaremos nuns obxectivos específicos as distintas actuacións a levar a cabo. Froito deste desexo xurde este recuncho ligado á páxina web do Centro na que trataremos de fomentar o uso cotián da nosa lingua proporcionando ferramentas sinxelas e información de interese que faciliten e inciten ó uso da lingua galega. Esperamos que vos sexan de axuda.

Queremos resaltar tamén que non é a nosa intención promover un enfrontamento ou unha substitución entre linguas. Pensamos que esta actitude é de mentes cativas. O que si e certo é que nestes momentos hai unha situación de diglosia da lingua galega respecto ó castelán que se debería corrixir. Coas nosas humildes achegas, tan só pretendemos mostrarvos que hai ferramentas e vocabulario suficiente para o uso cotián do galego en tódolos eidos, mesmo o técnico. Só é necesario dar un paso adiante e que vos animedes a falar e escribir en galego “aínda que o fagamos mal”. Recordade que, como din os nosos maiores “ninguén naceu aprendido”, “a práctica fai ó mestre” e que “todo camiño comeza cun paso”.

Desde o EDLG animámosvos a  usar a nosa lingua na vosa vida cotián e a colaborar con nos nesta gran labor que hai que ir facendo paseniñamente.

Agarimosamente, os compoñentes do EDLG

Andrés Pose Pérez (Coordinador).
Carlos Alberto Vaamonde Rois.
Mª José Zafra González.
Moisés García Carracelas.
Iria Rodríguez Sánchez.
Julián Sío Fernández.

1 comentario:

  1. Os novos membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do curso 2012/2013 son:

    - Andrés Pose Pérez (Coordinador).
    - Marcos Álvarez Veloso. (representante do persoal docente).
    - Javier Rodríguez López (representante do persoal docente).
    - Rosa María Guisado Reboreda (representante do persoal non docente).
    - Dolores Lage Reboreda (representante do alumnado).
    - Adrián Silva Rey (representante do alumnado).

    ResponderEliminar