Andar de cebola é unha frase feita que so ten sentido na nosa lingua, e significa estar folgando, sen traballar. E, coma unha cebola, estamos aquí plantados, agardando a engordar coa túa participación.
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de enero de 2013
lunes, 10 de diciembre de 2012
O pasado 30 de novembro ven de celebrarse o tradicional magosto organizado por este EDLG en colaboración con Tito o Coordinador da Residencia do Centro que, coma sempre, fixo un excelente traballo.
Este ano fixemos unha exaltación da castaña en toda regra e comezamos as actividades ó redor das 12, 45 horas cunha conferencia sobre o "A marca de calidade IXP Castaña de Galicia" impartida polo Secretario da IXP, D. Manuel López Pérez, que engaiolou ós presentes cunha amena charla na que se debullou o futuro do castiñeiro en Galicia e as posibilidades que a citada marca de calidade, única en España, ofrece para o desenvolvemento do medio rural galego.
A continuación, mentres esperábamos a que se acabasen de asar as castañas, procedemos á inauguración da exposición "O CASTIÑEIRO" que realizou este EDLG coa inestimable colaboración de Begoña Dávila, Julio Martínez e Manuel Prego e outros colaboradores que axudaron nos últimos traballos de montaxe. Vaia para eles o noso agradecemento. Na seguinte ligazón podedes ver unha presentación da citada exposición:
Como fin de festa, pasamos ó comedor onde gozamos dunha degustación de produtos outonais, nos que destacaron, entre moitas outras viandas, uns volováns de porco bravo con castañas preparados con esmero polo persoal de cociña , os que queremos, como non, agradecer tamén o esforzo realizado.
Para rematar, as castañas asadas e a música coas que nos deleitou o persoal de campo, sen o cal non hai celebración que se gabe, (Ana, David, Moisés, Óscar...) puxeron un fermoso fin de festa. Vaia, por suposto, o noso agradecemento pola súa colaboración.
Esperando que gozarades do traballo realizado e a vosa colaboración para as vindeiras actividades despídense agarimosamente

Os membros do EDLG
martes, 22 de mayo de 2012
Exposición "As árbores senlleiras de Galicia"
Ola a todas e todos de novo:
Co gallo da celebración do S. Cidre e do Día das Letras Galegas inaugurouse no salón de actos do centro unha exposición sobre as ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALICIA que permanecerá aberta para todo o público durante os vindeiros días. Invitámosvos a vela e a disfrutala.
Esta exposición, que xa se pretendía realizar o ano pasado con motivo do ano internacional dos bosques pero que por diversos motivos non se pudo presentar, pretende achegarnos ao fascinante mundo das árbores que, por diversos motivos, teñen un certo grao de singularidade que os fai merescentes dunhas figuras de protección especial.
Coa inestimable colaboración de Begoña, Julio e Manolo tentamos, desde o EDLG, pretendemos darvos a coñecer estas maravillas da natureza e concienciarvos da importancia da súa conservación, así como da profunda relación que desde a antigüidade temos coas árbores tal e como demostran os múltiples usos e tradicións ligadas a elas.
Tamén poderedes observar esta intensa relación nos diversos poemas e escritos dalgúns dos nosos mais coñecidos autores dos que tamén tedes unha pequena mostra nesta exposición. Respecto e este punto queremos informarvos que estes textos están postos tal e como foron escritos nos orixinais e, polo tanto, normalmente non están en galego normativo. Esto non nos parece mal senon que indica claramente que a nosa lingua está viva e en constante evolución.
Esperando que esta exposición vos incite a visitalos e a loitar pola súa protección, desexamos que disfrutedes da mesma.
Un saúdo
EDLG

Suscribirse a:
Entradas (Atom)